

O Festival
O Festival Cine do Mar é un evento anual que se celebra en Marín en torno ao cinema e á cultura marítima.
No festival proxéctanse multitude de obras audiovisuais de temática relacionada co mar, ademais doutras actividades que tamén teñen o medio mariño como protagonista.
Este festival promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar.
O Festival Cine do Mar tamén busca promover a creación en lingua galega e contribuír á promoción, á difusión e á defensa da lingua galega, fomentando a normalización do uso do galego, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.

PROXIMAMENTE
Título da fotografía: “Mexilla”
Autor da fotografía: Iñaki Abella

